domingo. 06.10.2024

A Limia

Vídeo 🚜 ALIMAGRO - Innovación para mellorar a fertilización e optimizar o consumo de auga

Javier Pagán e Ismael García son dous técnicos de empresas agrotecnolóxicas convidados pola feira ALIMAGRO para impartir dúas das charlas informativas na xornada previa á inauguración do evento. Foi esta mañá na Casa da Cultura de Xinzo. Pagán e García falaron sobre os produtos que comercializan, mais tamén comentaron o contexto actual de seca e como a tecnoloxía pode axudar a tratar co problema da escaseza de auga. Pagán recomenda prepararse para a baixada dos recursos hídricos intentando producir con menos cantidade de auga, e utilizando métodos máis eficientes como o rego por goteo, xa moi estendido en Murcia, rexión da que procede.
 
Vídeo 🚜 ALIMAGRO - Innovación para mellorar a fertilización e optimizar o consumo de auga