jueves. 25.04.2024

Cultura

VÍDEO 🐺 FESQ22 - Discurso de Carlos Gómez tras recibir o Premio Bispo Idacio

“Estamos moi agradecidos por todo o que nos axudaches nesta edición e por todo o que fixeches por esta festa”, dixo Marcos Argibay, presidente da Asociación Civitas Limicorum, a Carlos Gómez Salgado na entrega do Premio Bispo Idacio o sábado 20 de agosto, segundo día da Festa do Esquecemento, no acto institucional no campamento. “Non é falsa modestia. Pero teño que dicir non me pertence. Pertence a todos os que antes que eu estiveron organizando a Festa, a todos os que loitaron nos momentos bos e nos momentos máis difíciles”, dixo Gómez Salgado.

O galardoado, vestido co seu traxe romano habitual do Esquecemento, gabou á Civitas Limicorum. “Está facendo as cousas ben”, afirmou, e permitiuse un consello: “Non esquezades darlle a Festa ese carácter cultural. O Esquecemento non só é a Festa os tres días do campamento; debe ser unha tarefa cultural durante todo o ano. Hai que motivar á xente, culturizala, facer didáctica”.

VÍDEO 🐺 FESQ22 - Discurso de Carlos Gómez tras recibir o Premio Bispo Idacio