sábado. 20.04.2024

Cultura

VÍDEO 🐺 FESQ22 - Onde reside o espirito do Esquecemento? (aquí algunhas pistas)

Falta apenas unha semana para que arranque a Festa do Esquecemento 2022. E aínda menos para que os grupos comecen a montaxe do campamento. O Diario do Limia, diario oficial da Festa, continúa coa serie de pezas sobre a Festa e coas intervencións de persoas sinaladas. Nesta ocasión, Josita, ex presidenta da Civitas Limicorum, explica como foi cambiando a celebración nestes vinte anos, e que dirección pensa que debe tomar a Festa nos próximos anos. Tamén conta o significado de pequenas tradicións que se foron asentando e que ve preciso divulgar entre as xeracións máis mozas.

 

🎥 Noelia Caseiro. #FESQ22

VÍDEO 🐺 FESQ22 - Onde reside o espirito do Esquecemento? (aquí algunhas pistas)