viernes. 26.04.2024

Os Blancos

O PSdeG - PSOE denuncia ao alcalde do PP e ao secretario dos Blancos polas súas actuacións nun pleno

No pleno celebrado en Blancos o pasado luns 23, o PSdeG - PSOE denuncia que o alcalde do PP dos Blancos, José Manuel Castro, e o secretario municipal quixeron "secuestrar a democracia" tratanto de impedir a gravación do pleno que estaban a celebrar.

Na reunión tratouse o tema do desterro que aplicara o goberno local ao colectivo cultural Matrioska, o cal orixinou unha serie de confrontamentos e situacións fóra do formal. Nela sucedéronse unha serie de vexacións e insultos cara unha concelleria da oposición, destacando a do rexedor José Manuel Blanco que chegou a dirixirse a unha voceira socialista chamándolle “sinvergüenza e impresentable”. Tamén se puxeron impedimentos contra un xornalista que estaba a gravar, pois o secretario municipal tratou de impedir a gravación amparándose na Lei de Protección de Datos Persoais.

O PSdeG - PSOE define o acto como "estrambótico" e destacan actitude “caciquil e antidemocrática” do alcalde dos Blancos, o cal se impuxo por riba dos presentes nunha actitude impropia dun cargo público. Reclaman ao presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e ao presidente do PP provincial, Manuel Baltar actuacións que "poñan coto de inmediato" a esas "actitudes antidemocráticas e ditatoriais" entre os seus rexedores e militantes.

O PSdeG - PSOE denuncia ao alcalde do PP e ao secretario dos Blancos polas súas...