lunes. 07.10.2024

Rairiz de Veiga

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Rairiz recibiu axudas de máis de 600.000 euros do Goberno

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, visitou esta mañá o Concello de Rairiz para reunirse coa súa alcaldesa, Asunción Morgade. O encontro serviu para que González comprobase de primeira man o resultado das inversións levadas a cabo polo Goberno central no municipio e para que Morgade trasladase posibles inquedanzas e necesidades.

 

O subdelegado destacou as axudas, por valor de máis de 600.000 euros, que se concederon a este municipio en materia de transición verde e dixitalización dos concellos do rural. No encontro, abordaron o resultado da mellorar da eficiencia enerxética coa renovación do alumeado público e González tamén avanzou o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno para ampliar a cobertura de internet de alta velocidade, dos que se verá beneficiado Rairiz.

 

Ademais, destacouse que Rairiz de Veiga forma parte do Sistema de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero do Ministerio do Interior – VioGén-. Por iso, neste ano recibiu 1.737,74 euros dos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Rairiz recibiu axudas de máis de 600.000 euros do Goberno