VÍDEO | Os veciños de Trasmiras sorprenden á súa enfermeira, que se xubila

Carmen Casal, enfermeira do centro de saúde de Trasmiras, comeza hoxe unha nova etapa da súa vida. Este mércores foi o seu derradeiro día de traballo antes de comezar a xubilación e os veciños da localidade, aos que atendeu os últimos 28 anos, organizáronlle unha festa sorpresa.