VÍDEO - 🎁 FEIRA DO COMERCIO. Concha Conde, despois dos nervios da presentación

Concha Conde, presidenta de ProLimia, fala durante a primeira mañá da Feira do Comercio de Xinzo de Limia despois da inauguración oficial. Pasado o compromiso e despois dos esforzos da semana, a Feira arrancou e faino, di, con moita ilusión entre os comerciantes. Todas as noites (20:00 horas) haberá sorteo de produtos de Patacas Guays e Patacas Jaly's a través do Bingo da Feira.