sábado. 27.04.2024

Xinzo

VÍDEO - Debate sobre o reparo de Intervención no pleno de setembro en Xinzo


Este venres, 9 de setembro de 2022, celebrouse na Casa do Concello de Xinzo de Limia un dos debates plenarios que marcarán o mandato de Elvira Lama á fronte do goberno de coalición. O informe de Intervención que advertía un exceso de gasto, sen respaldo de crédito algún, por parte do goberno obrigou á alcaldesa e ao concelleiro de Facenda, Manuel Pérez Campos, a dar explicacións. Ao final, todos os grupos, incluídos os do goberno, asumiron o informe.

 

O vídeo resume o debate nas intervencións plenarias do portavoz do PP (Antonio Fernández Veiga) e do concelleiro de Facenda, cun breve preludio (a exposición da interventora) e o peche final, sen lugar a réplica, por parte de Elvira Lama.

 

GRAVACIÓN E EDICIÓN: Noelia Caseiro.

 

VÍDEO - Debate sobre o reparo de Intervención no pleno de setembro en Xinzo