FOTOGALERÍA | Os xogos tradicionais uniron xeracións na Festa Popular de Baltar

A XIII Festa Popular de Baltar converteuse nunha xornada de confraternidade interxeracional. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Carlos Gómez Salgado, concelleiro de Xinzo, Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar, Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense e Amador Díaz, alcalde de Xinzo, participaron na XIII Festa Popular de Baltar.
O Campionato galego de parapente foi un dos grandes atractivos da xornada.
Os inchables acuáticos foron o deleite da cativada.
Xantar campestre.
Amador Díaz e Gabriel Alén conversando nun momento da xornada.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou a exposición "Stop incendios".

Ninguén quixo perder a oportunidade de pasar o día nunha xornada que uniu folclore, cultura na raia, medio ambiente, gastronomía, deporte e música. A XIII Festa Popular de Baltar congregou a un gran número de visitantes o sábado.

Un dos momentos con maior espectación foi o Campionato galego de parapente, un deporte que ten na serra do Larouco un marco espectacular. Mentras, a cativada refrescábase nos inchables e acuáticos.

A Festa Popular de Baltar converteuse nunha xornada de confraternidade interxeracional para participar e pór en valor os numerosos xogos tradicionais organizados.

O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, recibía a visita de Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, Luis Menor, presidente da Deputación, Amador Díaz, alcalde de Xinzo e Carlos Gómez Salgado, concelleiro de Xinzo. Todos quixeron mostrar o seu apoio a unha festa que pón en valor as tradicións populares.