FOTOS | As veciñas aladas de Laroá

O obxectivo de Noelia Caseiro captou este mércores en San Pedro de Laroá (Xinzo) uns intres na vida cotiá dunhas veciñas moi particulares: as cegoñas. Conviven en harmonía co tráfico, os traballos da terra e unha veciñanza que as aprecia e respecta. Alí crían hoxe e aínda pasarán meses até que abandone os niños para regresar contra finais de ano.