martes. 08.10.2024
De la Tierra

FOTOGALERÍA | Ou pobo ou eólicos, poxa na Aguioncha

“Non hai maior mobilización social no país que a mobilización contra os eólicos. Non hai maior mobilización social en Ourense que a que está a provocar Greenalia cos seus proxectos nas comarcas da Limia e na comarca de Celanova. Ímonos defender contra esta agresión da que ninguén nos defende”, dixo unha portavoz da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova onte ao finalizar a I Marcha en Defensa da Aguioncha, que concentrou en Feás (Calvos de Randín) a un cento de manifestantes para recorrer os 5,6 quilómetros de subida e baixada á montaña. 


A camiñada durou algo máis de tres horas, con descansos para que algunhas das participantes tomaran fotos desde o alto dos penedos da Aguioncha onde se domina a Limia toda, desde o Val de Salas á chaira e o Macizo, e desde onde eran ben visíbeis os aeroxeradores do Larouco, os de Cabeço Alto, os do Vieiro... e todos eses outros montes, os montes de Bande, Penagache, o Monte da Casa da Neve, ameazados por infraestruturas de xeración eólica, incluída unha liña de alta tensión que baixa desde A Aguioncha polas veigas de Lobás até Reboreda e Paradela de Abeleda, que foi o que trouxo até Feás á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, unha firme opositora a ese tendido, a única alcaldesa nestas comarcas que se enfronta as empresas enerxéticas.


“Feás, vértice da loita contra os eólicos en Ourense”, subliñaban onte as redes das plataformas anti-eólicos, despois das batallas en Baltar (xaneiro) e toda esta primavera en Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar. E lembraban as 1.500 alegacións contra o proxecto P.E. Lamas de Feás e as 700 contra a LAT de Greenalia recollidas en apenas mes e medio nestes concellos e en Xinzo, Celanova, Ourense, Bande ou Verea, seguindo a onda de Feás. 


“Onde hai pobo, non chantan eólicos”, lembraba Stop Eólicos Xurés Celanova. As nove e media, outro dos portavoces atendía a chamada dunha emisora de radio antes da saída: “Non estamos en contra da enerxía eólica, estamos en contra de que se poñan eólicos en lugares como este, a un quilómetro das aldeas e nun monte como A Aguioncha que é patrimonio de todos e é unha fonte de vida”.


Mozas, maiores, nenos e algún vehículo motorizado arrancaron monte arriba para celebrar un domingo de festa (houbo cervexa, empanada e música con gaiteiros ao pé da Aguioncha) e reivindicación. O rural está vivo. E cheo nestas datas do ano. Feás resiste. E une aldeas ameazadas desde o vértice das súas montañas senlleiras. Onde hai pobo, o pobo decide. 

 

FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia e Stop Eólicos Xurés Celanova.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (1)
1 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (1b)
2 / 23

O Val do Salas.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (2)
3 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (2b)
4 / 23

Manuel García, do MEL.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (3)
5 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (3b)
6 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (3c)
7 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (3d)
8 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (4)
9 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (4b)
10 / 23

Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (5)
11 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (5b)
12 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (5c)
13 / 23

Parque eólico de Cabeço Alto, en Portugal, lindeiro co Parque Natural do Xurés.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (6)
14 / 23

O Forno, ou o Agrigo, ba faldra sur da Aguioncha.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (6b)
15 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (7)
16 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (9)
17 / 23

Participantes, antes da saída na aldea de Feás.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (9b)
18 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (10)
19 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (11)
20 / 23

A Aguioncha.

Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (11b)
21 / 23
Marcha Aguioncha Eólicos Calvos Randín Xullo 2022 (12)
22 / 23
Z. Cartel da Marcha
23 / 23

Cartel da Marcha.

FOTOGALERÍA | Ou pobo ou eólicos, poxa na Aguioncha