FOTOGALERÍA | Vilar de Barrio celebrou con éxito a 46ª Festa da Pataca, símbolo da riqueza agrícola da Limia
05 de octubre de 2025 (16:58 h.)
Vilar de Barrio celebrou con gran éxito a 46ª edición da súa tradicional Festa da Pataca, un evento que cada ano rende homenaxe ao produto estrela da Limia e á súa importancia para o sector agrícola da comarca. A cita volveu reunir a centos de persoas nunha xornada chea de actividades, degustacións e animación, que puxeron en valor a calidade e a versatilidade da pataca limiá.
Como novidade, este ano a festa contou coa colaboración da Deputación da Coruña, que se sumou ao apoio da Deputación de Ourense para incorporar novos produtos e propostas que enriqueceron o programa e reforzaron o carácter promocional da cita.