FOTOGALERÍA | En Parada de Outeiro si que atinaron co día para o magosto

FOTOS: Noelia Caseiro.

O tempo axudou e moito aos asistentes a unha nova edición do magosto que cada ano se celebra na localidade de Parada de Outeiro, no Concello de Vilar de Santos. Uns 400 tickets se venderon, segundo a organización, para degustar un menú a base do típico dun magosto: empanada, chourizo, costela, viño, bica, licores e, como non, castaña a fartar

Houbo quen sudou a camiseta mentres se asaban as primeiras: a carón das brasas xogábase un encontro de veteráns que enfrontou aos locais do Vilar de Santos co Silver Macendo Carmoble, no municipal do O Agro.