FOTOGALERÍA | A noite castrexa tomou Saa no Beltaine
08 de junio de 2025 (11:14 h.)
A aldea de Saa acolleu a segunda edición da Festa da Arracada, unha celebración que volveu reunir tradición, música e espírito comunitario.
A xornada comezou con xogos tradicionais, seguidos polas emocionantes vodas castrexas, e culminou cunha vibrante actuación musical do grupo Lirolaio. Veciñanza e visitantes gozaron dunha cea popular nun ambiente festivo que rematou coa máxica cerimonia do lume.
A indumentaria castrexa deu cor e autenticidade a unha noite para lembrar.
Un evento promovido polo Concello de Vilar de Santos coa colaboración de Civitas Limicorum.