FOTOGALERÍA | Saa festexou o San Xoán entre lume, tradición e festa
30 de junio de 2025 (10:36 h.)
Un ano máis, a aldea de Saa, no concello de Vilar de Santos, converteuse nun punto de encontro para celebrar a noite máis máxica do ano.
Máis de 200 persoas gozaron dunha cea popular chea de sabor e ledicia, que deu paso ao ancestral ritual da queimada, rodeado de lume, palabras máxicas e moita emoción.
A música, o ambiente festivo e o calor do lume fixeron desta noite de San Xoán unha cita inesquecible para toda a veciñanza e visitantes.