O Concerto de Pascua na Praza Maior foi o broche perfecto desta Semana Santa. A Agrupación Musical da Limia e a Coral Santa Mariña ofreceron unha actuación emocionante, chea de sensibilidade e talento, que fixo vibrar ao público e deixou un recordo inesquecible.
Pero para a Agrupación Musical da Limia este concerto tamén representa un paso máis no seu soño de viaxar a Kerkrade para competir no prestixioso World Music Contest. Para poder facelo realidade, están a buscar axudas e colaboracións que lles permitan financiar esta experiencia única.
Durante estas semanas estiveron vendendo velas caseiras feitas por eles mesmos como parte do seu esforzo para xuntar fondos, mais calquera persoa ou entidade que queira colaborar será recibida con enorme agradecemento. Cada achega é un empurrón a este soño colectivo que tantos anos de traballo e dedicación representa.
FOTOS: Noelia Caseiro.
