FOTOGALERÍA | Máis de mil escolares galegos e portugueses renovan a súa irmandade arredor do Limia

FOTOS: Noelia Caseiro

O río Limia volveu converterse nun punto de encontro entre Galicia e Portugal coa celebración do XIV Abrazo ao Río Limia.

Escolares de diversos centros educativos da comarca e de Ponte de Lima participaron nunha iniciativa que promove a educación ambiental, o coñecemento do patrimonio natural e o fortalecemento dos lazos históricos e culturais entre ambas localidades.

A actividade culminou cun novo abrazo simbólico ao río, un xesto que ano tras ano reafirma a irmandade entre os dous pobos.