GALERÍA | Fin de festa de Alimagro ao son dun carro... E das gaitas

O futuro da agricultura limiá no alto dun vello Fendt.
Un curioso "karting" de minúsculos tractores.
Imponente Fendt.
Notable afluencia de público no pavillón deportivo pola tarde.
O fin de festa, a cargo da Banda de Gaitas de Xinzo.
Patacas con nome de muller.
A saída de emerxencia ía dar a unha billa de cervexa.
280 cabalos e dúas vacas.
Exhibición nocturna doutro enxeño agrícola.

A segunda edición dunha feira que persegue converterse en referente do sector na provincia botou esta noite o peche. Fíxoo logo de rexistrar unha continua afluencia de público, moi familiar, durante toda esta xornada dominical, onde os que máis desfrutaron foron os cativos, enriba dos moitos elementos mecánicos que exhibían as comercializadoras de maquinaria presentes no certame.

Unha xunta de vacas foi o atractivo matutino. A banda de gaitas local, a excelente temperatura e a presencia de cativada emocionada con tanto enxeño mecánico resumen a tarde do fin de festa de Alimagro.