Manila Sport Wear gaña o certame de decoración de Nadal do comercio local de Xinzo
O comercio local de Xinzo xa coñece aos gañadores do seu Concurso de Escaparates de Nadal, unha iniciativa promovida pola asociación Prolimia en colaboración coa Concellería de Promoción Económica. O establecemento Manila Sport Wear resultou o mellor valorado polo xurado e acadou o primeiro premio, dotado con 200 euros.
A decisión tomoulla un tribunal con representación tanto do sector comercial provincial como do ámbito municipal. Formaron parte del Beatriz Gómez e Jesús de Dios, da Federación de Comercio de Ourense; Ismael Núñez, presidente de Celanova Chea; Sonia Villamarín, presidenta de Prolimia; o concelleiro Ricardo Sieiro e Marcos Argibay, do gabinete de comunicación do Concello.
Tras analizar todas as propostas presentadas, o tribunal destacou o alto nivel e esforzo dos participantes. O segundo posto foi para Calzados Nayra, que recibiu 150 euros, mentres que o terceiro lugar recaeu en Vima Moda, galardoado con 100 euros. Ademais, o xurado outorgou mencións a Barxe's Sport e Librería Saraiba, completando así a clasificación dos cinco mellores escaparates.
Desde a organización sublíñase a implicación e creatividade de todos os comercios que participaron, contribuíndo a dinamizar a vila e a crear un ambiente festivo que anima as compras e enriquece a experiencia dos veciños e visitantes durante estas datas.