Venres. 29.03.2024
Xinzo

NOTICIAS XINZO | Notas e rostros do pleno de setembro

O pleno ordinario de setembro pasará a pequena historia deste mandato municipal en Xinzo de Limia. O goberno municipal asumía a tarefa de defender unha xestión pésima, sinalada pola Intervención, diante dunha oposición cada vez máis fera, e a responsabilidade desa defensa recaía sobra a pata máis débil do cuatripartito: o responsábel de Facenda, político sen partido e con dedicación parcial que busca acubillo nunha lista para as próximas eleccións. A oito meses dos comicios, Manuel Pérez Campos enterrou nesta sesión boa parte das súas opcións de repetir como concelleiro. Desde o primeiro momento, os rostros dos membros da corporación reflectían a tensión dun debate ao que asistiu con rostro imperturbábel a novísima interventora municipal, sentada á dereita da alcaldesa. A cámara de Noelia Caseiro recolleu esa atmosfera en ducia e media de imaxes.


O pleno serviu ademais para confirmar que os festivos locais do ano 2023 serán os mesmos que os deste 2022: o Martes de Entroido (21 de febreiro) e o día de Santa Mariña (martes 18 de xullo). Tamén se acordou incorporar un suplemento de crédito con cargo ao superávit por valor de 25.000 euros, para corrixir o que Pérez Campos cualificou como “simple erro administrativo”, e engadir algo máis de 6.000 euros para completar o pago doutras facturas. Ambos trámites contaban co visto bo da Intervención e así o subliñou o PP para xustificar o seu voto favorábel. 


Montse Lama, que reaparecía (vía telemática) despois do seu regreso ao PP, cuestionou o traballo do concelleiro de Deportes nas piscinas exteriores, das que dixo que durante todo o verán houbo zonas de baño con deficiencias que supoñían risco para os bañistas. O concelleiro respondeu: “Non temos persoal, a instalación ten 20 anos e habería moito que falar sobre o mantemento anterior [do goberno anterior]. Mais concedeu que a reparación dos bordes do vaso, do propio vaso e do edificio en desuso son materias pendentes. 


A preguntas do PP, a alcaldesa lembrou que o censo de habitantes en Xinzo é de 9.621 “con datos do pasado 1 de xaneiro” (os populares pediron saber cantos hai a día de hoxe). E tamén informou, de novo, que os contratos con RED Talento, a consultora que dirixe Laura Seara, foi de 9.700 euros para a elaboración do plan de Igualdade, e de 13.600 euros, “que paga a Secretaría Xeral de Igualdade” para desenvolver o programa Hypatia xunto aos concellos de Sandiás e Vilar de Barrio.


A alcaldesa tamén explicou, interpelada polo PP, que os problemas que está a provocar a distribución de butano son responsabilidade da distribuidora, que retirou a concesión en Xinzo e está repartindo desde vilas próximas, e tamén lembrou que “na vila hai outros repartidores”.

pleno xinzo (1) (FILEminimizer)
1 / 31

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.

pleno xinzo (2) (FILEminimizer)
2 / 31
pleno xinzo (3) (FILEminimizer)
3 / 31
pleno xinzo (4) (FILEminimizer)
4 / 31
pleno xinzo (5) (FILEminimizer)
5 / 31
pleno xinzo (6) (FILEminimizer)
6 / 31
pleno xinzo (7) (FILEminimizer)
7 / 31
pleno xinzo (8) (FILEminimizer)
8 / 31
pleno xinzo (9) (FILEminimizer)
9 / 31
pleno xinzo (10) (FILEminimizer)
10 / 31
pleno xinzo (11) (FILEminimizer)
11 / 31
pleno xinzo (12) (FILEminimizer)
12 / 31
pleno xinzo (13) (FILEminimizer)
13 / 31
pleno xinzo (14) (FILEminimizer)
14 / 31
pleno xinzo (15) (FILEminimizer)
15 / 31
pleno xinzo (16) (FILEminimizer)
16 / 31
pleno xinzo (17) (FILEminimizer)
17 / 31
pleno xinzo (18) (FILEminimizer)
18 / 31
pleno xinzo (19) (FILEminimizer)
19 / 31
pleno xinzo (20) (FILEminimizer)
20 / 31
pleno xinzo (21) (FILEminimizer)
21 / 31
pleno xinzo (22) (FILEminimizer)
22 / 31
pleno xinzo (23) (FILEminimizer)
23 / 31
pleno xinzo (24) (FILEminimizer)
24 / 31
pleno xinzo (25) (FILEminimizer)
25 / 31
pleno xinzo (26) (FILEminimizer)
26 / 31
pleno xinzo (27) (FILEminimizer)
27 / 31
pleno xinzo (28) (FILEminimizer)
28 / 31
pleno xinzo (29) (FILEminimizer)
29 / 31
pleno xinzo (30) (FILEminimizer)
30 / 31
pleno xinzo (31) (FILEminimizer)
31 / 31
NOTICIAS XINZO | Notas e rostros do pleno de setembro