miércoles. 24.04.2024
Xinzo

NOTICIAS XINZO | Elvira Lama, a que máis posou para o álbum do cuatripartito

O durísimo comunicado do PP de Xinzo onte contra o protagonismo que a alcaldesa, Elvira Lama, tomou na viaxe da Banda de Gaitas á República Checa a través da publicación de imaxes nas redes sociais, convenientemente amplificadas desde as redes oficiais do Concello de Xinzo durante os días que durou a misión, e a mención directa ao responsábel de comunicación a servizo do goberno local, persoa cunha estreita vinculación ás estruturas do PSOE, volve colocar no foco as dificultades de comunicación dun goberno no que, ademais do PSOE, participan un representante do BNG, dous de AXIL e o concelleiro Pérez Campos (xa sen adscrición).

 

O álbum 2022 do goberno cuatripartito evidencia a absoluta preferencia na comunicación municipal de Elvira Lama (que ten apenas un concelleiro máis que o seguinte socio, e suma un menos que todos os demais xuntos). Lama é a raíña da galería oficial nestes últimos oito meses. A personalización da comunicación na súa figura foi en aumento a medida que avanza o tempo e se achegan as municipais do ano que vén.

 

Lama, e o PSOE con Lama, arrancarán o curso político previo aos comicios de maio con varios corpos de vantaxe grazas a unha comunicación externalizada e que, sobre o papel, debería atender a todos os departamentos e formacións que compoñen a ampla coalición.

 

Nestes últimos meses a comunicación está indo por diante da política, e engulindo a política ao mesmo ritmo que Elvira Lama engole o protagonismo do resto de concelleiros. Como exemplo, a última campaña de Cultura, a iniciativa Trocalibros, na que Ramiro Rodríguez (BNG) desapareceu dos focos e quen acompañou á alcaldesa foi o concelleiro socialista de Deportes. A anulación do responsábel nacionalista de Cultura por parte da alcaldesa foi un fito notábel que tamén subliñou o PP. 

 

Como exemplo tamén están os esforzos de Amador Díaz (AXIL), tenente de alcalde e máximo rival de Lama entre os partidos da coalición na próxima carreira pola Alcaldía, para intentar levar por si mesmo unha comunicación autónoma e en paralelo. Mais sen conseguir desfacerse dos compromisos que atan a colación, e que ofrecen curiosos (e negativos) resultados, como o feito de ter presentado onte unha feira (a máis importante que se celebra na Limia) que comeza mañá.

 

A seguinte colección de imaxes (a maioría, difundidas polo Concello de Xinzo) resumen a actividade pública de Elvira Lama á fronte do cuatripartito durante as últimas 34 semanas, practicamente as mesmas que faltan para que comece a próxima campaña electoral, que xa lanzou o PSOE facendo uso da comunicación municipal que comparte cos socios e futuros rivais en maio de 2023.

1 XAN. Cos Reis Magos o 5 de xaneiro
1 / 66

XANEIRO. Cos Reis Magos, o día 5 de xaneiro, ás portas da Casa do Concello.

1 XAN. Na restauración dun forno en Faramontaos, con Amador Díaz, en xaneiro
2 / 66

Na restauración dun forno en Faramontaos, con Amador Díaz, en xaneiro

1 XAN. Co delegado territorial da Xunta, xunto a Amador Díaz, o tenente de alcalde
3 / 66

Xunto a Amador Díaz, o tenente de alcalde, nunha visita do Delegado Territorial da Xunta.

1 XAN. Cos concelleiros Ramón Gómez e Rafael Penabad nunha visita ao obradoiro de emprego
4 / 66

Cos concelleiros Ramón Gómez e Rafael Penabad nunha visita ao obradoiro de emprego.

Acto de Alfredo García en Xinzo. PSOE. Elvira LAMA (1)
5 / 66

Nun acto con Alfredo García en Xinzo, nas primarias do PSOE provincial.

2 FEB. Na presentación da Historia da Música en Xinzo, de Cerredelo, con Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura
6 / 66

FEBREIRO. Na presentación da 'Historia da Música en Xinzo', de Miro Cerredelo, con Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura.

2 FEB. Na presentación das novas ferramentas da Policía Local, con Ramón Gómez
7 / 66

Na presentación das novas ferramentas da Policía Local, co concelleiro de AXIL, Ramón Gómez.

2 FEB. Presentación da nova interventora en febreiro
8 / 66

Presentación da nova interventora do Concello de Xinzo, en febreiro pasado.

Elvira Lama, este mércores, no acto de apoio ao pobo de Ucraína. FOTO Noelia Caseiro
9 / 66

MARZO. Elvira Lama, nun acto de apoio ao pobo de Ucraína. | FOTO: N. Caseiro

camion a Ucraína (8)
10 / 66

Na saída dun camión con axuda humanitaria para as vítimas da guerra en Ucraína. | FOTO: N. Caseiro

camion a Ucraína (22)
11 / 66

Atendendo aos medios na saída do camión coa axuda humanitaria. | FOTO: N. Caseiro

3 MAR. O 8 de marzo, con Alberto González
12 / 66

O 8 de marzo, con Alberto González

3 MAR. Nunha xornada de información aos retornados en marzo
13 / 66

Nunha xornada de información do PSOE aos retornados.

3 MAR. Nunha actuación a Agrupación Musical na Igrexa Nova
14 / 66

Nun concerto na Igrexa Nova.

3 MAR. Na tractorada en Xinzo
15 / 66

Na tractorada en Xinzo.

3 MAR. Na presentación en marzo do plan de seguridade viaria
16 / 66

Na presentación en marzo do plan de seguridade viaria.

Elvira Lama presenta campaña sobre mobilidade, co xefe provincial de Tráfico, David Llorente
17 / 66

Na presentación da campaña, co xefe provincial de Tráfico, David Llorente. | FOTO: N. Caseiro

Concentración sector primario Xinzo. 22.03 (9)
18 / 66

Na concentración do sector primario Xinzo, o 22 de marzo. | FOTO: N. Caseiro

concentración hostalaría xinzo (22)
19 / 66

Na concentración da hostalaría en Xinzo o 28 de marzo. | FOTO: N. Caseiro

3 MAR. Finais de marzo en Ganade, cos maiores dun obradoiro de memoria
20 / 66

Finais de marzo en Ganade, cos maiores dun obradoiro de memoria.

3 MAR. En marzo, con responsábeis do Centro de Saúde. Do novo Plan de Saúde aínda non hai noticia no Concello
21 / 66

Con responsábeis do Centro de Saúde. Do novo Plan de Saúde aínda non hai noticia no Concello.

proxecto N525 (15)
22 / 66

ABRIL. Durante a presentación do proxecto de reforma da N-525, o anuncio estrela do mandato. | FOTO: N. Caseiro

4 ABR. Con alumnas do de Pedagoxía da USC en abril
23 / 66

Con alumnas do grao de Pedagoxía da USC.

Momentos previos ao inicio da charla informativa, esta tarde na Casa do Concello.
24 / 66

Momentos previos ao inicio dunha charla informativa na Casa do Concello. | FOTO: DdLi.

4 ABR. Con ProLimia, xunto ao concelleiro Pérez Campos, a principios de abril na presentación da campaña do comercio local en Semana Santa
25 / 66

Con ProLimia, xunto ao concelleiro Pérez Campos, a principios de abril na presentación da campaña do comercio local en Semana Santa.

4 ABR. En Santa Mariña, no Programa Universitario de Maiores
26 / 66

En Santa Mariña, no Programa Universitario de Maiores.

4 ABR. O 13 de abril na presentación da curta 'O Legado' na Praza Maior
27 / 66

O 13 de abril na presentación da curta 'O Legado', na Praza Maior.

BASKET junr (30)
28 / 66

Cos xuvenís do AB Xinzo, campións de Liga. | FOTO: DdLi.

WhatsApp Image 2022-05-20 at 1.32.10 PM
29 / 66

MAIO. Na presentación dunha exposición na Casa da Cultura sobre a emigración, que promoveu Abanca.

-13.00 horas: Sinatura do convenio “Administración con acompañamento dixital”.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asina o primeiro convenio “Administración con acompañamento dixital” cos alcaldes dos concellos ourensáns xa adheridos a este programa (A Bola; Calvos de Randín; Entrimo; Lobeira; Mancomunidade do Carballiño; Pereiro de Aguiar; Padrenda; Petín; Rios; Sarreaus; Trasmiras; Xinzo de Limia; A Pobra de Trives; Barbadás) deseñado pola Área de Benestar do goberno provincial para loitar contra a exclusión dixital. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
30 / 66

Na sinatura dun convenio na Deputación, con Manuel Baltar. | FOTO: Deputación Provincial de Ourense.

5 MAI. Visita a Galiciencia en maio co tenente de alcalde, Amador Díaz
31 / 66

Visita a Galiciencia en maio co tenente de alcalde, Amador Díaz.

5 MAI. Na inauguración da Praza da Música a principios de maio
32 / 66

Na inauguración da Praza da Música a principios de maio.

5 MAI. Finais de maio, presentación verán deportivo en Xinzo, co concelleiro de Deportes
33 / 66

Finais de maio, presentación do verán deportivo en Xinzo, co concelleiro de Deportes.

5 MAI. En maio, cos participantes no obradoiro de emprego, xunto aos concelleiros Ramón Gómez e Rafael Penabade
34 / 66

En maio, cos participantes no obradoiro de emprego, xunto aos concelleiros Ramón Gómez e Rafael Penabade.

5 MAI. En maio, coa Asociación de Senderistas da Limia
35 / 66

En maio, coa Asociación de Senderistas da Limia.

5 MAI. Co concelleiro de Cultura e os organizadores na presentación da Feira das Mozas en maio
36 / 66

Co concelleiro de Cultura e os organizadores na presentación da Feira das Mozas en maio.

5 MAI. Actos do 17 de maio en Xinzo, cos concelleiros Rodríguez e Pérez Campos
37 / 66

Actos do 17 de maio en Xinzo, cos concelleiros Rodríguez e Pérez Campos.

_DSC0721 (FILEminimizer)
38 / 66

A tarde do ascenso do Antela. Na Moreira, con Rafael Penabad, concelleiro de Deportes. | FOTO: N. Caseiro

Tovar poeta casa Pereira Rairiz (5) (FILEminimizer)
39 / 66

XUÑO. Nunha visita á casa do poeta Tovar en Rairiz. | FOTO: DdLi.

6 XUÑ. Nunha andaina popular en Xinzo
40 / 66

Nunha andaina popular en Xinzo.

6 XUÑ. No Limia, o 20 de xuño, co presidente da CHMS e os concelleiros Gómez, Penabad e Díaz
41 / 66

No Limia, o 20 de xuño, co presidente da CHMS e os concelleiros Gómez, Penabad e Díaz.

6 XUÑ. Finais de xuño, cos participantes no campus de fútbol
42 / 66

Finais de xuño, cos participantes no campus de fútbol.

6 XUÑ. Finais de xuño, cos participantes no campus de básket
43 / 66

Finais de xuño, cos participantes no campus de básket.

6 XUÑ. En xuño, de novo en Compostela, cinco días despois, noutra peregrinación coa Asociación de Sendeiristas
44 / 66

En xuño, en Compostela, nunha peregrinación coa Asociación de Sendeiristas.

6 XUÑ. En xuño en Compostela nunha peregrinación con escolares de Xinzo
45 / 66

En xuño en Compostela noutra peregrinación con escolares de Xinzo.

6 XUÑ. Con Ramón Gómez e Rafael Penabad a principios de xuño nas piscinas
46 / 66

Con Ramón Gómez e Rafael Penabad a principios de xuño nas piscinas.

Ramiro Rodríguez e Elvira Lama, na presentación do programa das Festas de Santa Mariña. FOTO Concello de Xinzo de Limia
47 / 66

Ramiro Rodríguez e Elvira Lama, na presentación do programa das Festas de Santa Mariña.

7 XUL. Acto institucional do 25 de Xullo en Xinzo
48 / 66

XULLO. Acto institucional do 25 de Xullo en Xinzo.

7 XUL. Coas alumnas do obradoiro de emprego en xullo
49 / 66

Coas alumnas do obradoiro de emprego en xullo.

7 XUL. Na entrega de diplomas do obradoiro de emprego en xullo cos concelleiros Pérez Campos e Ramón Gómez
50 / 66

Na entrega de diplomas do obradoiro de emprego en xullo, cos concelleiros Pérez Campos e Ramón Gómez.

7 XUL. Presentación de resultados iniciais do Plan de Igualdade participativo de Xinzo a comezos de xullo
51 / 66

Presentación de resultados iniciais do Plan de Igualdade participativo de Xinzo, a comezos de xullo.

7 XUÑ. Con Ramiro Rodríguez e Manuel Pérez Campos, na entrega en xuño dos premios da Fundación Casares
52 / 66

Con Ramiro Rodríguez e Manuel Pérez Campos, na entrega dos premios da Fundación Casares.

8 AGO. Comezos de agosto, presentación dunha xornada do Consello da Cultura coa Escola Rural de Saúde
53 / 66

AGOSTO. Comezos de agosto, presentación dunha xornada do Consello da Cultura coa Escola Rural de Saúde.

8 AGO. Despedida dos voluntarios do programa Xacobeando en agosto, cos concelleiros Díaz, Gómez e Pérez
54 / 66

Despedida dos voluntarios do programa Xacobeando en agosto, cos concelleiros Díaz, Gómez e Pérez.

8 AGO. En agosto reunión sobre seguridade no Esquecemento, cos concelleiros Gómez e Rodríguez
55 / 66

En agosto, reunión sobre seguridade no Esquecemento, cos concelleiros Gómez e Rodríguez.

8 AGO. Foto da partida coa Banda de Gaitas o 22 de agosto
56 / 66

Foto da partida da viaxe coa Banda de Gaitas o 22 de agosto.

8 AGO. Na presentación en agosto da Festa do Esquecemento
57 / 66

Na presentación en agosto da Festa do Esquecemento.

8 AGO. Na presentación en agosto da iniciativa Trocalibros, co concelleiro de Deportes
58 / 66

Na presentación en agosto da iniciativa Trocalibros, co concelleiro de Deportes.

8 AGO. Nas xornadas de Folklore, co concelleiro de Cultura, R. Rodríguez
59 / 66

Nas xornadas de Folklore, co concelleiro de Cultura, R. Rodríguez.

8 AGO. Presentación da exposición sobre o Esquecemento
60 / 66

Presentación da exposición sobre o Esquecemento.

8 AGO. Presentación da Feira do Comercio en agosto con ProLimia e os concelleiros do goberno Díaz e Pérez
61 / 66

Presentación da Feira do Comercio en agosto con ProLimia e os concelleiros do goberno Díaz e Pérez.

8 AGO. Visita previa ao comezo do Esquecemento en agosto con Gómez, Pérez e Díaz
62 / 66

Visita previa ao comezo do Esquecemento en agosto con Gómez, Pérez e Díaz.

9 Viaxe á República Checa. 23 de agosto (FILEminimizer)
63 / 66

Viaxe á República Checa. 23 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.

9 Viaxe á República Checa. 25 de agosto (FILEminimizer)
64 / 66

Viaxe á República Checa. 25 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.

9 Viaxe á República Checa. 26 de agosto
65 / 66

Viaxe á República Checa. 26 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.

9 Viaxe á República Checa. 28 de agosto
66 / 66

Viaxe á República Checa. 28 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.

NOTICIAS XINZO | Elvira Lama, a que máis posou para o álbum do cuatripartito