lunes. 09.12.2024

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, regresa esta noite coa Banda de Gaitas Xinzo de Limia da súa viaxe á República Checa, onde acompañou aos músicos nun festival de gaitas, e o Partido Popular de Xinzo recíbea cun duro comunicado de prensa no que critica as intencións da rexedora.


Afirman os populares que Elvira Lama utilizou a viaxe cos músicos para promocionar “diaria e reiteradamente nas redes sociais o minuto e resultado da súa epopea internacional”. E din que “Lama quixo mostrarse como a autentica protagonista e estrela da expedición polo que se ve nas 30 entradas do su Facebook cunha media de catro o día, coas case que 200 fotografías das que moitas son da súa persoa, mesmo selfies, e cos mais de 25 vídeos, moitos tamén nos se grava a ela mesma comentando a experiencia turística”.

LAMA 1 (FILEminimizer)
Puiblicación no Facebook persoal da alcaldesa de Xinzo, onte luns.

A partir de aí, o ton do comunicado deriva cara a burla e refírese ás publicacións en redes da alcaldesa como unha “especie de caderno de bitácora con abundante profusión -faltaría mais- desas fotografías súas, e mesmo selfies propios, cal tripulante con mando en tropa da nave Enterprise, en expedición intercontinental, ou pensaría intergaláctica”. 

“A política en Xinzo nesta lexislatura estase por desgracia, parecendo moito a un deses capítulos interestelares do Enterprise, dirixida por o Tenente Data-Carballo [en referencia ao responsábel de comunicación contratado polo Concello de Xinzo] e protagonizada pola comandante Spok-Lama”, valora o PP de Xinzo. 

Os populares citan varios parágrafos das publicacións de Elvira Lama durante a semana de viaxe e estancia na localidade checa de Strakonice, e conclúen que “a política en Xinzo nesta lexislatura estase por desgracia, parecendo moito a un deses capítulos interestelares do Enterprise, dirixida por o Tenente Data-Carballo [en referencia ao responsábel de comunicación contratado polo Concello de Xinzo] e protagonizada pola comandante Spok-Lama”. 

LAMA 4 (FILEminimizer)
Autorretrato de Elvira Lama coa expedición ao fondo, o día da chegada a Strakonice, noutra publicación no Facebook da alcaldesa.

Os populares consideran que “estes tripulantes carecen de ideas e iniciativas, nin unha sola iniciativa nova en catro anos, e moito menos souberon realizar inversións relevantes durante esta lexislatura”, e afirman que “en realidade, a Alcaldesa foi a Chequia coa Banda de Gaitas para proxectar unha imaxe ‘maternalista’, tentando mellorar a deteriorada imaxe que ten entre a maioría da poboación limiá, e de paso, tentar tamén distraer da falta de xestión e dos problemas dos veciños, que son moitos e moi graves, con xestos populistas, frases estudadas, e moreas de fotos para que pareza que algo se esta facendo”.


“Menos fotos e mais xestión Señora Alcaldesa e Señores do Cuatripartito”, remata o comunicado do PP de Xinzo, que pon en cuestión “discursos que cheiran a fumo, e que xa ninguén se cree, aínda que como di o lema do Tenente Data Carballo seguirán intentando vendernos unha xestión que non existe, sen que pareza que nos están intentando enganar” [en referencia a unha publicación do responsábel de comunicación do Concello de Xinzo nas súas redes persoais].

NOTICIAS A LIMIA | O PP retrata á alcaldesa: “Usou a viaxe coa banda para se promocionar”