viernes. 19.04.2024

O pasado sábado 17 de xullo, o Boletín Oficial de Provincia de Ourense publicaba a oferta do Concello de Porqueira para dar cumprida cobertura ás brigadas de prevención e defensa dos lumes no seu termo municipal. Así, todos aqueles interesados en participar teñen ata ás 14:00 horas deste xoves, de xeito presencial, a oportunidade de facerse cun dos oito postos que convoca o Concello presidido por Susana Vázquez Dorado

Os postos ofertados son os seguintes:

  • Tres conductores de autobomba
  • Un xefe de brigada da brigada de prevención
  • Un peón-condutor con carné B
  • Tres peóns de brigada

 

A duración do contrato eventual será de tres meses. As bases atópanse á disposición do público na Casa Consistorial e na sede electrónica: porqueira.sedeelectronica.gal.

NOTICIAS A LIMIA | Oferta de traballo temporal en Porqueira