Trasmiras rompe a súa tendencia sen positivos
CORONAVIRUS A LIMIA | Lixeiro aumento de casos na comarca
05 de mayo de 2021 (15:49 h.)
A comunicación do Sergas a día de hoxe arroxa un lixeiro aumento de positivos na comarca, acadando a cifra de 20 casos activos frente os 19 do día anterior.
Trasmiras rompe a súa tendencia sen positivos
Confirmase un caso activo en Trasmiras tras levar máis de un mes sen ningún.
O Concello de Xinzo rexistra un descenso pasando de 15 casos activos a 14 este mércores.
No resto da Comarca segue a estabilidade relativa dos últimos días, co concello de Sandiás e máis o de Calvos de Randín aportando o resto dos positivos, con catro e un casos respectivamente.