sábado. 27.04.2024

A comunicación do Sergas a día de hoxe arroxa un lixeiro aumento de positivos na comarca, acadando a cifra de 20 casos activos frente os 19 do día anterior.

Trasmiras rompe a súa tendencia sen positivos

Confirmase un caso activo en Trasmiras tras levar máis de un mes sen ningún.

O Concello de Xinzo rexistra un descenso pasando de 15 casos activos a 14 este mércores.

No resto da Comarca segue a estabilidade relativa dos últimos días, co concello de Sandiás e máis o de Calvos de Randín aportando o resto dos positivos, con catro e un casos respectivamente.

trasmiras centro de saudeCentro de saúde de Trasmiras | FOTO: Iván Iglesias

CORONAVIRUS A LIMIA | Lixeiro aumento de casos na comarca