Ofrece, entre outras, aulas de gaita, piano e cantos de taberna

NOTICIAS A LIMIA | A Escola de Música de Trasmiras abre o prazo de inscrición

O prazo de inscrición remata o 2 de novembro.

“Todos aqueles interesados en participar do proxecto musical do noso concello teñen até o vindeiro 2 de novembro para inscribirse nas oficinas municipais”, anuncia a páxina web do Concello de Trasmiras este martes.


A oferta para este curso 2022-23 é variada. Impartiranse aulas de instrumento de vento (metal e madeira), pandeireta, gaita, percusión, acordeón, piano, coro, cantos de taberna, linguaxe musical e de iniciación e reforzo de instrumentos.


A Escola de Música é o paso previo para formar parte do Grupo de Música Tradicional ou da Banda de Música de Trasmiras. Os interesados en inscribirse deben chamar a algún destes números de teléfono do Concello: 988 44 50 00, e 620 139 829.