NOTICIAS A LIMIA | Devoción pola Virxe dos Remedios no Castelo

Virxe dos Remedios

O acto central da Romaría da Virxe dos Remedios en Castelo, Viladerrei (Trasmiras), a procesión da Virxe entre a ermida e a aldea, celebrouse ao mediodía coa participación dun cento de veciñas e veciños. O día amañeceu con ceos grises na Limia, mais contra o mediodía o sol e unha temperatura suave acompañaron aos devotos. Celebrouse primeiro a novena na pequena ermida desde a que se domina a parte oriental da Limia, e despois chegou o momento da procesión, cun grupo de gaiteiros, que baixou e subiu desde a aldea de Castelo.


FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.