sábado. 20.04.2024

A Asociación de Artesáns Limiar e A Arca da Noe organizan este domingo un mercado de artesanía de produtos local, que acada a súa IX edición en Vilar de Santos. Ao longo do día haberá diversas actividades para acompañar nesta xornada, na que colabora o Concello para levalo a cabo.

A partir das 12:00 horas os postos estarán dispoñibles para que a xente que se achegue poida mercar o que queiran. Para amenizar a xornada e ás 13:30 horas darán un concerto do grupo musical De Ninghures e non será a única. Pola tarde haberá unha actividade para os nenos Luuume! Contos con Andrea Freire, en concreto ás 17:00 horas. A xornada rematará ás 19:30 horas co concerto de Davide Salvado.

Ademais, con motivo do Día dos Museos que se conmemorou este pasado xoves, o Museo da Limia ofrecerá unha xornada de portas abertas para que todos os que queiran coñecer as súas instalacións poidan facelo. Coa compra dalgún produto no mercado, no que haberá postos de artesáns locais, agasallarán entradas para este espazo cultural.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Santos organiza o IX Mercado de Artesanía e Produto Local