lunes. 09.12.2024

O Concello de Vilar de Santos convocou un concurso de debuxo dirixido aos nenos da localidade con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un dos traballos premiados foi o de Paula Martín, de oito anos, no que pide igualdade e respecto entre mulleres e homes.

O debuxo de Sabela Fernández, de sete anos, no que di "non á violencia" é outro dos gañadores. A través de varios corazón con diversas cores pide "paz, tranquilidad, amistad, calma y armonía".

Traballo presentado por Sabela Fernández, de sete anos.
Traballo presentado por Sabela Fernández, de sete anos.

 

O último traballo recoñecido no concurso convocado polo Concello de Vilar de Santos é o de Claudia Nogueiras, de 12 anos, no que as bágoas dunha vítima da violencia machista son protagonistas. No seu debuxo engade que o "mundo sería moito mellor se non houbese violencia de xénero".

Debuxo presentado por Claudia Nogueiras, de 12 anos.
Debuxo feito por Claudia Nogueiras, de 12 anos.

 

Todos os participantes, de entre tres e 14 anos, levaron un agasallo por sumarse a este certame que axuda a concienciar sobre este problema social aos máis cativos.

NOTICIAS A LIMIA | Os nenos de Vilar de Santos din non á violencia de xénero