jueves. 25.04.2024

Coa chegada de decembro, as decoracións de Nadal están máis presentes. No Concello de Vilar de Santos apostan de novo por unir á veciñanza para engalanar e "encher de maxia" o municipio para estas datas, polo que buscan voluntarios que axuden na elaboración de decoración para a festividade.

Dende o Concello piden materiais como palés de madeira, troncos, pneumáticos, teas, retais ou pedras, calquera cousa que poida valer para que Vilar de Santos luza especial polo Nadal.

Aquelas persoas que desexen aportar algún deste materiais para colaborar, só teñen que chamar aos Servizos Sociais da localidade a través do 988 46 58 83.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Santos busca axuda veciñal para "encher de maxia" o concello