viernes. 13.12.2024

Unha vintena de veciñas de Vilar de Santos e integrantes da asociación de mulleres rurais Arracada participaron nunha xuntanza para recoller e ripar liño. Esta actividade de "arrigado" e "ripado" continúa ao proceso de semente que previamente ralizaron no mes de maio, nunha leira da Praza de Carballedo que lles foi cedida para esta finalidade polo Concello.

Estas faenas suman tres fases das 14 que teñen previstas para a recuperación tradicional da planta do liño, indispensable para moitas das actividades que leva a cabo esta asociación ao longo do ano. Todo este proceso que queren recuperar está presente na sala do liño do Museo da Limia, que leva o nome do etnógrafo Xaquín Lourenzo, onde se explican cada unha das fases antes do seu tecido.

Estas labores feitas polas mulleres da asociación Arracada continuarán coa súa andaina nos vindeiros meses, ata chegar ao tecido de pezas. Tanto o Museo da Limia como a entidade de artesáns Limiar colaborarán, unha vez máis, coa organización de mulleres para recoller as distintas etapas do proceso e contribuír á persistencia da memoria e á lembranza e recreación dos oficios tradicionais. 

NOTICIAS A LIMIA | Mulleres de Vilar de Santos reúnense para recoller e ripar liño