sábado. 27.04.2024

A Arca da Noe está de celebración e este sábado contará con varias actividades para festexar o seu noveno aniversario no Espaço Carabunhas. A primeira das propostas será un concerto musical durante o vermú, ás 13:00 horas, con Elephants e Paw. Posteriormente, ás 14:30 horas haberá un xantar que se deberá reservar cun custo de 20 euros, no que se inclúen os concertos, chamando ao 699 486 282.

Pola tarde, a programación continuará ás 16:30 horas cunha actividade dirixida para os máis pequenos co contacontas Iseo e Moura. Ás 17:30 horas retomaranse será o turno das pandereteiras deste espazo, As Xingras da Arca, para dar paso ás 18:00 horas ao lanzamento do libro-cd "Oceanoe: Travessia polo mar das Antelas".

As actividades rematarán ás 19:30 horas con outro concerto, o da Pedreira e Uxía con Sérgio Tannus e Maurício Caruso. Ademais, dende a Arca da Noa animan aos asistentes a traer os seus instrumentos, se os teñen, para facer máis grande esta festa de aniversario cunha foliada.

NOTICIAS A LIMIA | A Arca da Noe celebra o seu aniversario con varias actividades