martes. 16.04.2024

Despois de recibir un alto número de solicitudes durante o período de matriculación ordinario, a Escola Infantil de Vilar de Barrio, abre un novo prazo adicional de inscricións para os cativos.

O centro conta con persoal profesional e especializado que acompañará aos menores no seu correcto desenvolvemento. Ofrece tamén un horario que facilita a conciliación familiar, de 8:00 a 16:00 horas de luns a venres.

Poderán optar ás novas 20 prazas que se ofrecen os nenos e nenas cunha idade comprendida entre os cero e tres anos. O prazo permanecerá aberto dende o día un de outubro ata o día 15.

Para solicitar a pre - inscrición deberanse entregar cubertos unha serie de modelos que estarán a disposición do público a través desta ligazón da web do concello -https://www.vilardesantos.gal/escola-infantil/- ou ben haberá que pedilos directamente nas propias instalacións municipais da escola. A maiores, terase que incluír cos formularios:

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI ou do pasaporte dos pais ou titores.
  • Certificado de empadroamento dos pais e do neno.
  • Fotocopia da última declaración da renda.

Para obter máis información poderase chamar ao teléfono 988 44 71 09.

NOTICIAS A LIMIA | A Escola Infantil de Vilar de Santos abre un novo prazo de...