O incendio declarouse preto das 13:00 horas

NOTICIAS A LIMIA | Un lume mantén en alerta ós veciños de Vilar de Santos

Os medios de extinción traballar para apagar o lume en Vilar de Santos. | FOTO: Emergencias Xinzo de Limia.

Os veciños de Vilar de Santos mantéñense alerta por un lume que se declarou preto das 13:00 horas de hoxe. Ata o momento, a superficie afectada chega ata as 5 hectáreas e os medios de extinción xa traballan para evitar o avance lapas.

Na zona mobilizáronse un axente, nove brigadas, tres motobombas, catro avións e catro helicópteros que están a traballar para controlar este lume que se iniciou nuns pastos. Ata o de agora, as casas que se atopan preto da zona non corren grandes riscos, segundo sinalan desde Medio Rural.

Vista do lume que afecta a Vilar de Santos.