martes. 19.05.2026

O Concello de Vilar de Santos xa ten lista a programación de Nadal 2025-2026, unha proposta diversa pensada para encher de espírito festivo todas as xeracións. Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro desenvolverase o Concilia Nadal, unha iniciativa repleta de actividades e sorpresas coa que a cativada poderá gozar das vacacións dun xeito lúdico e seguro.

O 23 de decembro será a quenda do Apalpador, que visitará o municipio para manter viva unha das tradicións máis queridas destas datas. O 26 de decembro está programada a excursión a Pazolandia, mentres que o 27 terá lugar a Gala de Nadal, un encontro pensado para compartir momentos especiais en comunidade.

Ata o 30 de decembro permanecerá aberta a campaña solidaria de recollida de xoguetes e libros, coa que o concello anima á veciñanza a colaborar coas familias que máis o precisan. Como colofón ás festas, o 5 de xaneiro celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis, un día máxico no que a ilusión será a protagonista.

Vilar de Santos xa se prepara para vivir un Nadal cheo de emoción, participación e unión veciñal.

 

Programación de Nadal de Vilar de Santos.
Programación de Nadal de Vilar de Santos.

Vilar de Santos abre as portas ao seu Nadal máis ilusionante