viernes. 19.04.2024

O Concello de Vilar de Santos abre o prazo de inscrición, ata o 30 de xuño, para a Escola Infantil de Vilar de Santos. Está á disposición das familias 20 prazas para crianzas ata os tres anos. O custe varia dependendo da xornada (media ou completa), sengo gratuito para o segundo fillo.

O centro conta cun horario dende ás 8:00 ata ás 16:00 horas para poder facilitar a conciliación familiar ao igual que para acompañar aos menores no seu desenvolvemento. 

A escola conta cunha aula infantil, zona de xogo, de gateo, de berces e un patio exterior de 250 metros cadrados no seu perímetro. 

Información:

Para obter máis información pódese consultar a páxina web do concello https://www.vilardesantos.gal/escola-infantil/ ou chamando ao 988 44 71 09. 

Vilar de Santos abre o prazo de matrícula para a Escola Infantil