lunes. 09.12.2024

O consistorio de Vilar de Santos, dentro das súas competencias, comezou unha programación de limpezas periódicas dos colectores de lixo en todas as poboacións do concello.

A actuación, que comezou no dia de onte, comprenderá tanto a limpeza a fondo como a desinfección de todos e cada un dos contedores de lixo dentro da súa demarcación territorial.

Esta limpeza, segundo comunican dende o propio concello, repetirase de xeito periódico, dentro dun programa de actuacións.

Vilar de Santos programa as limpezas periódicas dos colectores do lixo