miércoles. 24.04.2024

O titular da consellería do Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantiveron un encontro telemático co alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón, para estudar as demandas relacionadas ao agro dos veciños deste municipio

Neste encontro virtual estudaron a posibilidade de mellorar o acondicionamento de dúas pistas nos núcleos de Casas da Veiga e Vilar de Santos para que os veciños poidan ter mellor acceso as granxas. No Plan Marco 2021/2022, esta localidade conta cun presuposto de case 30.000€ para o arranxo deste camiño. 

Aproveitando esta reunión, conselleiro e alcalde analizaron a concentración parcelaria de Guillamil - Sabariz, que afecta a unhas 1.368 hectáreas. Dende a Xunta trasmiten que este proxecto está "na fase de firmeza das bases" e ata agora, lévanse investido 4,5 millóns de euros. 

Por último, Medio Rural informa a Xosé Jardón a "viabilidade de desenvolver o regadío da Limia na zona de Vilar de Santos"

Xunta e Concello de Vilar de Santos abordan a mellora do acondicionamento das pistas