Axudas directas para material e vestimenta

A Deputación mobiliza 75.000 euros para equipar a 55 agrupacións de Protección Civil | NOTICIAS OURENSE

O presidente provincial, Luis Menor, encabezando a reunión na que se mobilizaron os fondos para Protección Civil.

Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a resolución da convocatoria de subvencións destinadas ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Cunha partida global de 75.000 euros, a institución provincial reforzará a capacidade operativa de 55 agrupacións de concellos con menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de municipios ourensáns.

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que este apoio económico permitirá financiar a adquisición de equipamento básico, vestimenta, material de emerxencias e sistemas de comunicacións. Así mesmo, os fondos cubrirán gastos relacionados con seguros, operativos e melloras técnicas para intervencións e rescates no territorio. A maioría das subvencións alcanzan os 1.500 euros, o importe máximo previsto nas bases da convocatoria.

Entre as entidades beneficiarias da comarca de Monterrei e de A Limia figuran as agrupacións da GudiñaA MezquitaCualedro-MonterreiLazaRiósVerínVilardevós e Vilariño de Conso, así como as de Xinzo de LimiaBaltarOs BlancosRairiz de Veiga, e Sarreaus. Segundo o presidente da Deputación, este voluntariado representa unha "rede fundamental para a seguridade da cidadanía", especialmente nun territorio marcado pola dispersión xeográfica onde o labor altruísta resulta clave.