Venres. 29.03.2024

A Cafetería Zeus de Xinzo, ubicada na rúa da Ladeira, cumpriu as súas vodas de prata en plena pandemia e, pese ás dificultades, nos últimos tempo incorporou algúns cambios. María Canella, a súa dona, leva no negocio 26 anos e neste 2022 decidiu innovar un pouco co apoio do seu fillo. "Non me gustan nada os cambios, pero últimamente fixemos algúns como vender Latorta", explica.

Surtido de bolaría, pinchos e de Latorta de Cafetería Zeus. | FOTO: Jainer Barros.
Surtido de bolaría, pinchos e de Latorta de Cafetería Zeus. | FOTO: Jainer Barros.

 

Dende hai dous meses, na Cafetería Zeus pódense mercar estas elaboracións artesanais de pastelería que non se atopan en calquera lado. "Eu son moi fanática de Latorta e un día pensei que as podiamos incorporar na cafetería, en vez de facer nós as tortas", sinala. Contactar coa empresa, con base no Porriño, non foi sinxelo ata que o seu fillo o logrou. Ela, inmediatamente, chamou para negociar a venda destes deliciosos produtos no seu negocio.

A incorporación de Latorta no súa carta de produtos axuda a dálle máis movemento ao negocio durante todo o día e non só polas mañás, cando triunfan os almorzos. Acordou coa empresa que tería os seus produtos, sen a necesidade de converterse nunha franquicia. "Falei con eles e estivemos de acordo en todo. Así empezamos e vainos moi ben", destaca Canella. Para o día 24 son moitos os pedidos que os clientes lle teñen feito, para contar cun rico postre na cea de Noiteboa e na comida de Nadal. "Teremos uns 30", apunta a dona.

O local reformouse recentemente. | FOTO: Jainer Barros.
O local reformouse recentemente. | FOTO: Jainer Barros.

 

Ademais de Latorta, os almorzos de sempre non faltan. Os churros, todo tipo de bolaría, pinchos, tostas, incluídas as de aguacate, ou unha gran variedade de chocolates, forman parte da carta de Cafetería Zeus.

NOTICIAS XINZO | As elaboracións de Latorta chegan á vila da man da Cafetería Zeus