Evento
AXENDA | Chega a Vilar de Santos unha nova edición do Mercado de Artesanía e Produto Local
Este domingo terá lugar en Vilar de Santos unha nova edición do seu xa mítico Mercado de Artesanía e Produto Local, organizado pola Arca da Noe en colaboración co Concello.
O evento comezará ás 12:00 horas coa apertura da feira, para que quen queira se achegue a mercar produtos locais e de proximidade. Para amenizar a xornada, ás 13:30 horas para será a quenda do concerto de "Tres Pesos".
Xa pola tarde, ás 17:30 horas terá lugar a actividade "Lúa triangular. Nada é imposible" con Jara Ortiz, unha sesión de contos que mestura música, teatro e humor e na que se propón unha viaxe activa e creativa ao País dos Contos para vivir aventuras que transformarán o mundo nun lugar mellor, máis diverso e máis xusto, no que todas e todos teñamos os mesmos dereitos. Despois disto e para rematar a xornada, outro concerto, da man de "Coanhadeira", ás 19:00 horas.
