Evento
AXENDA | Estrea do documental "Expediente Xosé Velo" en Xinzo dentro dos actos polo 65 aniversario do Santa Liberdade
O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración con Acude Rural e Arraianos Producións, celebrará o vindeiro venres 24 de xullo unha xornada especial en homenaxe a Xosé Velo. O evento conmemora os 65 anos da toma do buque Santa María (rebautizado como Santa Liberdade), unha acción internacional ideada polo político e escritor en 1961 para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar.
Os actos iniciaranse ás 20:00 horas no Salón de Plenos coa presentación da novela "Os fabuladores", de José Ignacio Carnero. Máis tarde, ás 23:00 horas na Praza Carlos Casares, haberá un recital con poemas de Velo musicados por Moisés Quintas á guitarra, seguido da estrea en primicia do documental "Expediente Xosé Velo" e coloquio co seu creador, Aser Álvarez.
Como antesala, os veciños xa poden visitar na Casa da Cultura a mostra multimedia #LoveVelo, ilustrada polo pintor e caricaturista Siro López.

