Evento
AXENDA | Homenaxe ás pandereteiras e cantareiras no Día das Letras Galegas en Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia celebrará o Día das Letras Galegas o vindeiro venres 16 de maio ás 20:00 h cun acto especial no Auditorio da Casa da Cultura, centrado na poesía popular oral galega e nas mulleres que a conservaron e transmitiron ao longo das xeracións.
A cita comezará coa proxección dun audiovisual conmemorativo, que afondará no valor desta data para a cultura galega. A continuación, farase un percorrido pola tradición oral que vive nos fiadeiros, feiras e festas grazas ás cantareiras e pandereteiras do país.
O evento culminará cun concerto colectivo no que seis grupos locais renderán homenaxe a todas esas mulleres que gardaron e espallaron a nosa poesía oral a través da música:
-
Grupos de Pandereteiras 2 e 3 da Escola de Gaitas de Xinzo
-
As Bruxas
-
Cantaralai
-
As Xingras da Arca
-
Cantareiras da Limia
Celebración das Letras Galegas en Xinzo de Limia.
