martes. 23.04.2024

Vilar de Barrio

VÍDEO - “A pataca da Limia é o mellor do mundo mundial”

“A pataca da Limia é un espectáculo. A pataca da Limia, dito para que se entenda, é o mellor do mundo mundial... e a pataca de Vilar de Barrio supéraa”, dixo Manuel Conde, o alcalde de Vilar de Barrio, presentando a 43 edición da Festa da Pataca na praza do Toural, mentres operarios traballaban na colocación dunha das carpas que acollerá expositores e visitantes a partir deste sábado, 8 de outubro.

Conde explicou a importancia do sector gandeiro e agrícola en Vilar de Barrio, lembrou as feiras de gando de hai corenta anos e gabou o produto estrela da comarca que se homenaxeará (e venderá) durante a fin de semana nun evento que inclúe conferencias, degustacións e concursos.

Menús e concursos
A Festa ofrecerá degustacións populares. O día 8, pola tarde, o menú consistirá en empanada de patacas e ovos fritos e patacas fritas, pan e viño. O prezo, 3 euros. Para o día 9, a organización elaborará catro menús diferentes, que terán como base o churrasco, a chuleta de tenreira, o polo e a carne ao caldeiro, respectivamente. Os menús degustaranse por un prezo de 10 euros no xantar ou na merenda-cea. 

O PROGRAMA
Sábado, día 8
17:00 horas. Charlas e conferencias.
20:00 horas. Comida popular (prezo: 3 euros)
22:00 horas. Monólogo de Sergio Pazo.
23:00 horas. DiscoMóbil Space.

Domingo, día 9
08:00 horas. Feira mensual de Vilar de Barrio.
11:30 horas. Apertura 43ª Festa da Pataca.
12:30 horas. Comida (prezo: 10 euros)
16:00 horas. Xogos infantís.
18:00 horas. Orquestra M3 Show.
18:15 horas. Entrega de premios dos concursos.
18:30 horas. Merenda-cea (prezo: 10 euros).

Preparativos para a Festa da Pataca en Vilar de Barrio. Manuel Conde (2)
Preparativos para a Festa da Pataca, este mércores en Vilar de Barrio. | FOTO e VÍDEO: Noelia Caseiro

 

VÍDEO - “A pataca da Limia é o mellor do mundo mundial”