As comerciantes falan dunha Feira mellor que a do ano pasado

María González (Manila SportWear) e Ana Gil (Gilmo Joyería) felicítanse polo éxito da Feira e polas vendas nestes dous días e medio, a falta da xornada de tarde domingo. Para elas, a Feira mellorou á do ano pasado nos seus negocios e tamén a nivel global.