martes. 08.10.2024

Xinzo

VÍDEO | Galiza Nova escoita á mocidade limiá e analiza as eivas de Xinzo de Limia

Este sábado, a xente nova de Xinzo estivo no café cultural Ítaca para falar sobre as necesidades no seu concello. Nun acto de máis de dúas horas de duración reflexionaron, debateron e formularon propostas para reestructurar o seu futuro en Xinzo e  conseguir así quedar e formar unha vida digna no rural.

A intervención estivo dividida en catro bloques: educación, deporte, ocio e vivenda. As persoas asistentes fixeron numerosas aportacións construtivas, elaborando finalmente unha orde de prioridades nas urxencias para o seu futuro. A representante de Galiza Nova, Xaira Pena, valorou a xuntanza dicindo “"abiamos que a mocidade de Xinzo ía responder, e respondeu. Por fin podemos dar voz e representar á xente nova dunha maneira real e xusta e poñémomos inmediatamente a incorporar este coñecemento ó proxecto que lidera Camilo Vila".

O acto concluíu animando á xuventude a participar activamente na vida política.

VÍDEO | Galiza Nova escoita á mocidade limiá e analiza as eivas de Xinzo de Limia