FOTOGALERÍA | O mellor fútbol sala base encheu o pavillón de Xinzo
29 de abril de 2025 (11:02 h.)
O pasado domingo, 27 de abril, o Pavillón Municipal de Xinzo de Limia acolleu a fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala nas categorías benxamín e prebenxamín.
A xornada, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello de Xinzo, reuniu equipos das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra.
Os partidos, disputados ao longo do día, deixaron momentos de emoción, compañeirismo e moito talento, nunha cita que puxo en valor o deporte base e os valores do fútbol sala.