FOTOGALERÍA | A ilusión chegou da man dos Reis Magos para nenos e maiores de Porqueira

Os Reis Magos visitaron primeiro aos maiores de Porqueira. | FOTOS: Lara Blanco.
Algún dos usuarios do centro botouse a pegar uns bailes.
Os maiores tiveron agasallos neste día.
Os cativos agardaron con ledicia polos Reis Magos.
Os pais quixeron inmortalizar aos pequechos coas súas Maxestades.
Os Reis Magos entregaron regalos e lambetadas aos nenos, que tamén entregaron algunhas cartas de última hora.

Os Reis Magos chegaron a Porqueira para encher de ilusión aos máis pequenos, pero tamén aos maiores. A súa primeira parada foi na residencia sociosanitaria do concello, onde as súas Maxestades estiveron cos residentes e compartiron con eles a maxia deste día. Como non podía ser doutro xeito, recibiron os seus agasallos entre música, xa que unha banda de música acompañou ás súas Maxestades nesta xornada.

A seguinte parada, despois de tan longa viaxe dende Oriente, foi o Concello. Alí estiveron cos cativos de Porqueira, entre os que repartiron lambetadas e agasallos. Os nenos aproveitaron a ocasión para entregarlles as cartas que aínda quedaron pendentes. Por último, a cita festiva rematou cunha merenda na que houbo chocolate e, como non, un roscón de Reis.