FOTOGALERÍA | Porqueira enche o seu campo da festa de castaña e diversión
Unhas 600 persoas desfrutaron este sábado dunha nova edición do xa moi popular magosto do Concello de Porqueira, que cada ano se celebra no campo da festa por estas datas.
O menú, xa de sobra sabido, contando tamén coa colaboración de Coren. Pasáronse pola grella uns 350 kilos de costela de porco, 80 de chourizos e 50 de panceta. Non faltou o pan, a bica, as bebidas e o chocolate para rematar. Na sobremesa... Castañas para todos, ben quentiñas e recén asadas na tixola instalada no campo de fútbol.
E no pavillón municipal de Sarreaus tamén se celebrou un magosto que tiña algún ingrediente adicional ao do anterior: a empanada. Iso si, remataron como se merece calquera festa galega xa cáseque de inverno: con filloas á pedra e unha queimada.
Isabel Garrido, Mercedes Rodríguez, Manuela Aguiar e Concepción Carballo foron as premiadas no primero concurso de Doces de Castaña que se organizaba. Os seus postres foron os mellor puntuados polo xurado, dos 16 que se presentaron.