FOTOGALERÍA | Os cristiáns non logran frear o asalto mouro ao castelo da Saínza

A Romaría da Saínza viviu na noite deste sábado un dos seus grandes actos. Os cristiáns desfilaron polas rúas de Rairiz de Veiga, dende a capela da Saínza ata o campo de batalla. As cousas non saíron como esperaban e no camiño tivéronse que enfrontar aos mouros, que asaltaron o castelo.

 

Este primeiro combate rematou entre fogos de artificio e dando paso á música da orquestra Galilea. A noite foi longa para recibir un novo día, o deste 24 de setembro que é a xornada grande desta romaría na honra da da Virxe da Mercé.